REACH. Un proxecto Erasmus+
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia forma parte dun proxecto Capacity Building denominado REACH – Innovating Cultural Heritage
(Improving REsearch capacities of Albanian higher educations in conservation and restoration of Cultural Heritage).
Este proxecto, creado a través de Erasmus+, está integrado por nove socios participantes: aparte da nosa propia Escola, hai cinco institucións socias albanesas e tres italianas.
Universiteti I Arteve (University of Arts – UART) Tirana, Albania
Universiteti Politeknik I Tirane (Polytechnic University of Tirana – UPT) Tirana, Albania
University of Shkodra Luigj Gurakuqi Shkodra, Albania
Akademia e Studimeve Albanologike Tirana, Albania
Ministria e Arsmit Sportit dhe Rinisê (The Ministry of Education Sport and Youth of Albania) Tirana, Albania
University of Bologna – UNIBO Boloña, Italia
University of Urbino Carlo Bo – UNIURB Urbino, Italia
The Center for Innovation of Fondazione Flaminia – CIFLA Rávena, Italia
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (ESCRBBCCG)
Pontevedra, España
O obxectivo global do proxecto é, moi resumidamente, iniciar ás institucións albanesas na disciplina da conservación e restauración do patrimonio cultural, creando laboratorios, formando profesionais, desenvolvendo a investigación neste ámbito e crear as condicións que permitan tamén, no futuro, o desenvolvemento da conservación e restauración no ámbito académico de estudos superiores. Na actualidade, a conservación e restauración de bens culturais é unha disciplina moi subdesenvolvida neste país, co engadido de que o patrimonio cultural a conservar é extraordinario.
A participación da nosa Escola refírese especialmente á coordinación xenérica, ó control de calidade do proxecto e ó ámbito da formación dos profesionais, en concreto no ámbito da conservación da especialidade de arqueoloxía.
O proxecto iniciou o seu camiño coincidindo precisamente co comezo da pandemia, o que está a dificultar moito o seu desenvolvemento, dado que a conservación-restauración de patrimonio non se pode facer nin ensinar “a distancia”. Non obstante, os traballos preparatorios e, en certos aspectos, a formación, van bastante avanzados.
Máis información na web do proxecto.
