Outgoing staff
Mobilidades de persoal da ESCRBCG
O persoal da ESCRBCG participan no programa Erasmus Plus con diversos fins, entre os que destacan: ampliar a rede de contactos internacionais da Escola, actualizar a súa formación con colegas doutros países, colaborar na formación doutros profesionais ou participar en proxectos internacionais de conservación de patrimonio.
Países UE
Grazas ao programa Erasmus+, a ESCRBCG ten a posibilidade de ofrecer facilidades de formación técnica ao seu persoal en institucións estranxeiras para actualizar coñecementos e habilidades, así como a motivar a participación de todo o persoal en proxectos académicos ou de investigación a escala internacional. No marco destas iniciativas, en xeral fomentarase o desenvolvemento de estancias curtas en centros de ensino superior, institucións de investigación ou empresas estranxeiras, co fin de promover un intercambio de boas prácticas que contribúa a mellorar a formación do profesorado e a internacionalización do noso centro.
Consorcio CARTES
Desde o ano 2017 a ESCRBCG forma parte do proxecto CARTES Arts Consortium. Trátase dunha ampla iniciativa que xunta nun consorcio a moi diversas institucións de educación superior do Estado español (Universidades, Escolas superiores de conservación-restauración, Escolas superiores de deseño, etc.), solicitando como tal consorcio distintos proxectos Erasmus+ ao longo dos anos. O obxectivo do consorcio é poñer en relación institucións da Unión Europea e países asociados, para contribuír á mellora do Espazo Europeo de Ensino Superior, promover a cooperación nacional e internacional entre centros de ensino superior do ámbito artístico e fomentar unha internacionalización do ensino que enriqueza a formación dos estudantes.
Albania
A ESCRBCG participa de maneira individual nunha acción KA107, a través da cal se desenvolven proxectos de intercambio e colaboración con institucións de países externos á UE e os seus estados asociados. Da man desta iniciativa, a ESCRBCG implementou un proxecto multilateral que ten como principal obxectivo a cooperación e o intercambio de boas prácticas con destacadas institucións no ámbito da investigación e xestión do patrimonio cultural albanés.
Documentación
Galería de fotos

Venecia 
Recepción en Tirana 
National Gallery, Londres 
Albania 
Entrevista en Lepenice 
Traballando en Lepenice 
Charla na Igrexa de Constantino e Sta Helena, Berat 
Consorcio CARTES: Visita a Camboxa (2019) 
Consorcio CARTES: Petra, Xordania (2017) 
Grupo en Berat 
Descansando no Castelo de Berat 
Visita á Universidade das Artes de Tirana 
Visita á Universidade das Artes de Tirana 
Conferencia de Cristina Montojo na Universidade de Bolonia

