Experiencias
Experiencias do alumnado da ESCRBCG
Dende a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia animamos ó alumnado a participar no programa Erasmus Plus, xa que observamos que é unha suma de experiencias extraordinaria. Supón a práctica dunha lingua extranxeira en todo tipo de entornos (académico, social…), a oportunidade de coñecer un país en profundidade convivindo coas súas xentes, o establecemento de novos contactos e un reto permanente, ó estar alonxados da zona de confort.
María Lago – Mobilidade de estudos
Curso 2022-23, 2º cuadrimestre, INP Institut national du patrimoine
A estadía Erasmus que fixen coa Escola, foi no INP (Institut National du Patrimoine) en París. Foi co programa Erasmus + prácticas, pero en realidade foi Erasmus estudos, convalidando as materias do segundo cuatrimestre de 3º. O que fixen nos laboratorios foron traballos de limpeza, consolidación e reintegración de pintura sobre tea, principalmente, aínda que tamén sobre táboa. Despois, en canto á parte teórica, que para min foi quizáis o máis interesante, os horarios cambian cada semana e o que fan é organizar seminarios bastante específicos sobre diferentes temas (microbioloxía, análise de pigmentos de pintura mural…), impartidos por distintos profesionais asociados co instituto, tanto de Francia como doutros sitios como Italia. E digo que foi o máis interesante porque era unha forma de aplicar directamente os coñecementos máis teóricos en casos máis prácticos.
Por outra banda, fixen tamén cun grupo de compañeiras un traballo de investigación sobre limpeza de pintura acrílica mediante microabrasión, que nos ocupou bastante tempo entre a realización de cobais, probas e análise dos resultados. E parar rematar fixen diversas campañas externas sobre pintura mural (para complementar esa formación que era a que me tocaba no plan de estudos, pero que non se podía realizar in situ no instituto). Unha delas estivo supervisada por unha enxeñeira e restauradora especializada en mural e consistiu no estudo das pinturas dunha igrexa de París que estaban sendo afectadas polos movementos físico-mecánicos da propia estrutura da igrexa, e outra foi de limpeza e adhesión das pinturas da cúpula de St. Sulpice de París, con Ariel Bertrand (que foi quen levou a restauración das pinturas murais de Notre Dame). Despois fixen outra de adhesión nunha capela de Versalles, unha de estudo estratigráfico das pinturas murais medievais dun castelo en Bioule (sur de Francia) e a última sobre limpeza e adhesión de dous artesonados policromados en Marvejols (sur de Francia). Penso que en xeral foi unha estadía bastante completa porque toquei un pouco de todo e os grupos eran sempre de tres ou catro persoas, un pouco como aquí na escola.
Carmiña Fontán – Mobilidade de prácticas
Primeira estancia – Empresa “In Situ Conservação de Bens Culturais”. Portugal. Edificio Ivens
Destino: Baixa Chiado. Lisboa. Portugal. Datas: De 21/10/2019 a 31/01/2020
Traballo interesante, xa que se trata de un edificio con pinturas murais e azulexos. A destacar a coordinación e o traballo en equipo, a empresa traballa como subcontrata de unha constructora o cal supuxo coordinarse entre obreros (electricistas, carpinteiros…) e restauradores para poder traballar ó mesmo tempo nas mesmas salas. As tareas levadas a cabo foron: limpezas, preparación de paredes e tratamento de fondos, reparación de fisuras, aplicación de masas, nivelamento e preenchimentos, reintegracións cromáticas e realización de plantillas de deseños preparatorios.
Nesta dirección pódese consultar información sobre a obra.
Segunda Estancia – “Empresa In Situ Conservação de Bens Culturais”. Portugal. Igrexa Matriz de Figueiró dos Vinhos
Destino: Figueiró dos Vinhos. Leiria. Portugal. Datas: De 01/02/2020 a 30/04/2020
Trátase dun traballo no interior da Igrexa de Figueiró dos Vinhos (retablo altar maior,azulexos, retablos das capelas laterais, pinturas sobre teas en gran formato de Malloa, túmulo funerario…) queda constancia da importancia e o gran patrimonio que posuia dita Igrexa. As tareas levadas a cabo foron sobre todo no altar maior en superficies doradas e tamén en superficies pintadas, con traballos de limpeza e estucado pero tamén limpeza, asentado e consolidación de pezas das capelas laterais (columnas e tallas).
Nesta dirección pódese consultar unha guía da Igrexa:
Destacaría o enriquecemento que supuxo a experencia tanto a nivel persoal (contactos, aprender o idioma,…) como profesional (contactos, traballo en equipo) e sobre todo que permitiume conseguir un traballo.
Daniel Noya – Mobilidade de prácticas
Curso 2018-19, campaña de verán, Albania
O proxecto Erasmus en Albania consistiu en dúas campañas:
- En Berat, a restauración in situ das pinturas neobizantinas da Igrexa de Constantino e Santa Helena. En dúas semanas efectuouse a análise, diagnose e tratamentos de limpeza, consolidación estrutural, fixación e sentado de cor, e reintegración.
- En Komani, unha ampla campaña arqueolóxica na Necrópole, durante un mes e medio, protagonizada pola conservación-restauración de numerosos obxectos medievais segundo ían sendo extraídos das tumbas. Trátase dunha experiencia única polo feito de darse un traballo consecutivo, coordinado e inmediato entre arqueólogos in situ e restauradores en laboratorio. As pezas eran tratadas entre 24 e 48 horas despois de ser excavadas. Esto permitíalle ao restaurador coñecer moi ben o contexto do que procedía o obxecto, e ao arqueólogo obter información rápida segundo avanzaba a restauración, así como estudar canto antes a peza restaurada. *O normal nestes casos é que as pezas tarden moito tempo en ser enviadas a Restauración, co cal os investigadores tamén deben esperar amplos periodos de tempo para poder obter máis datos de interese histórico, material, tecnolóxico, etc.
En paralelo, tamén se realizou excavación conxunta entre restauradores e arqueólogos na Necrópole: os primeiros aportábanlles nocións sobre a extracción idónea dos obxectos, e os segundos técnicas de rexistro-inventario.
Por último, a restauración das ruinas dunha antiga igrexa medieval, consolidando e limpando restos de pinturas murais, así como elementos estruturais mediante morteiros.
Agustín Municio – Mobilidade de estudos
Curso 2018-19, 1º cuadrimestre, Universidade de Gazi, campus de Gölbaşı
Mi estancia en Turquía ha sido muy positiva.
Por un lado he podido conocer una cultura nueva, con su gente, su idioma, sus costumbres, su cocina y por supuesto su patrimonio, desde la basílica de Santa Sofia a las ciudades subterráneas de la Capadocia.
Ha sido una experiencia en la que me he desprendido de muchos prejuicios y me he abierto a otras formas de pensar y actuar. Antes de llegar no conocía apenas nada de la cultura turca y su devenir a lo largo de la historia, pero me he encontrado con gente muy cercana y abierta, que me han ayudado en todos los aspectos posibles. Incluso la barrera del idioma ha sido fácil de superar, será que entre culturas mediterráneas nos entendemos.
Desde el punto de vista académico esta experiencia me ha servido para aprender técnicas y puntos de vista distintos, aunque el departamento de conservación y restauración de la Universidad de Gazi es relativamente joven y necesita ampliar su capacidad logística, con aulas bien equipadas. En todo caso los/as profesores fueron muy profesionales al tratar conmigo y pude ver como funciona su laboratorio, donde procesan muestras de numerosas excavaciones arqueológicas en toda Turquía y como cooperaban con otras áreas de la universidad, como la facultad de geología, en cuyo laboratorio se procesaban algunas muestras.
También me gustaría decir que la Universidad de Gazi trata bastante bien a sus alumnos, y a los erasmus en especial. La universidad nos ofreció alojamiento y comida gratuita dentro del campus.
En definitiva, ha sido una experiencia muy positiva, y espero que mas alumnas/os se animen a visitar este país tan sorprendente y rico en patrimonio.