Premio mellor TFE en Galego

Home / Premio mellor TFE en Galego

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia promove a convocatoria dun premio para estimular a redacción do Traballo de Fin de Estudos en galego.

Premiados/as:

  • 24/25: Ángela Pereiro Araújo. “Preparacións de cinza en pintura e as súas implicacións na conservación”.
  • 25/26: Raquel González Calvo. “Baixo as lapas: a afección dos incendios forestais na conservación dos petróglifos en Galicia”.