Proba de Acceso

Home / Secretaría / Proba de Acceso

Proba de Acceso

Exercicio 1: madureza e formación

Consistirá na análise dun texto relacionado cos bens culturais, no tempo que o tribunal determine, e terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral do/a alumno/a, especialmente no referente á comprensión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade analítica, de síntese e relación.

Ver Exemplo

Exercicio 2: aptitude plástica

Inclúe as seguintes probas:

  1. Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético e con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a capacidade de observación, a fidelidade na representación espacial, técnica e compositiva, a calidade do grafismo e a precisión e limpeza no traballo.
  2. Realización dun traballo sobre representación da cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión e precisión dos valores e calidades da cor.
  3. Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.
Ver Exemplo