Día do Patrimonio Mundial
O 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial
para conmemorar a sinatura en París, no ano 1972, da Convención sobre Patrimonio Mundial Cultural e Natural, que sentaba as bases para desenvolver este tipo de protección cultural.
Para celebrar esta data, e dentro tamén da celebración do 30 aniversario da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, a Escola organiza unha semana de actividades adicadas á difusión da conservación do patrimonio, enfocadas a distintos públicos e intereses.
Luns 15 de novembro:
17h. Charla
Proxecto dun Plan Director para a xestión da Mámoa de Chan de Castiñeiras II. Noelia Infante Quiroga, Titulada en Conservación Restauración de Bens Culturais na especialidade de arqueoloxía.
Charla dirixida a todos os públicos. Asistencia libre ata completar o aforo.
17.30h. Charla
Arqueometría no xacemento rupestre de Lepenice (Albania). Alba Losada García, Titulada en Conservación Restauración de Bens Culturais na especialidade de arqueoloxía.
Charla dirixida a todos os públicos. Asistencia libre ata completar o aforo.
Martes 16 de novembro:
12h. Xornada de portas abertas
Percorrido polos laboratorios de especialidade da Escola para coñecer como se forman os profesionais da conservación restauración de bens culturais e ver de que forma traballan. Cómpre inscrición previa no correo: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal
17h. Charla
Bens culturais autolimpantes? Nanopartículas de TiO2 en consolidación de granito. Daniel Noya Pintos. Titulado en Conservación Restauración de Bens Culturais na especialidade de escultura.
Charla dirixida a todos os públicos. Asistencia libre ata completar o aforo.
17.30. Charla
Proposta de fichas de catalogación e vulnerabilidade aplicadas á arte rupestre atlántica. Andrea Pousada Portela, Titulada en Conservación Restauración de Bens Culturais na especialidade de arqueoloxía.
Charla dirixida a todos os públicos. Asistencia libre ata completar o aforo.
Mércores 17 de novembro:
17h. Charla
A Conservación da actuación artística “Pedras e árbores” de Agustín Ibarrola no Ecoespacio O Rexo, Allariz. Criterios e metodoloxía de actuación. Sara Candida Sottile. Titulada en Conservación Restauración de Bens Culturais na especialidade de pintura.
Charla dirixida a todos os públicos. Asistencia libre ata completar o aforo.
18h. Charla
Atelier de restauración de pintura mural, Berat 2019. Un proxecto de colaboración. Susana Ara Poceiro e Emma Pérez Teijeiro. Profesoras da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Charla dirixida a todos os públicos. Asistencia libre ata completar o aforo.
Xoves 18 de novembro:
17h. Charla
Restauración dun cabaliño de xoguete (criterios e metodoloxía de intervención na conservación-restauración dun cabalo de xoguete de cartón pedra. Antón Pereira Abonjo. Profesor da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Charla dirixida a todos os públicos. Asistencia libre ata completar o aforo.
18h. Charla
O plástico, objet trouvé?. Charo López Díaz. Profesora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Charla dirixida a todos os públicos. Asistencia libre ata completar o aforo.
Venres 19 de novembro:
As charlas presenciais terán lugar na Aula Magna da Escola. Rúa Maestranza s/n