Novidades no catálogo

Novidades no catálogo

Os fondos da Biblioteca da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia seguen a crecer.

Grazas á participación un ano máis no PLAMBE e, especialmente, á doazón realizada polos herdeiros de Manuel Carballal Lugrís, os fondos da biblioteca creceron este curso de forma considerable.

Dende setembro catalogáronse 1000 novas unidades que poden consultarse xa no catálogo online e están dispoñibles para préstamo e consulta.

Queremos destacar a grande calidade dos libros incorporados, que permiten unha visión máis ampla e profunda do patrimonio cultural dende a nosa biblioteca.

Precisamente por ese motivo, foi necesario ampliar a listaxe de categorías, con novidades coma o 2.7 de Museos. Guías e coleccións ou 4.2.12 Historia da arte doutros pobos/outras culturas, entre outras.

Todas as categorías ampliaron a súa oferta, ben a través da doazón, ben a través das compras directas realizadas dende a Escola. En números destaca un ingreso de 304 unidades na sección 4.2.9 (Pintura), 192 novos libros en 4.2.6 adicado á arte contemporánea, ou 105 novidades en 4.2. Historia, historia da arte e historia dos bens culturais.

Cadro estatístico de libros catalogados dende o 01/09/2020 ó 12/03/2021,
xerado por MEIGA.