Entrega de premio de EEAASS

Entrega de premio de EEAASS

Hoxe celebrouse no Pazo de Exposicións e Congresos de Santiago de Compostela

a entrega formal dos Premios Extraordinarios das Ensinanzas Artísticas Superiores 2024-2025.

Na categoría de Ensinanzas de Conservación e Restauración, o recoñecemento foi para Susana Quintás Rocha, titulada da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, na especialidade de bens escultóricos.

Este premio supón un importante recoñecemento ao esforzo, á excelencia académica e ao compromiso coa conservación do patrimonio cultural, poñendo en valor o traballo desenvolvido ao longo da súa formación superior.

Parabéns a Susana por este merecido galardón e moitos éxitos na súa traxectoria profesional!