Acceso

Home / Secretaría / Acceso

Requisitos de acceso

Os requisitos de acceso á escola están publicados na Orde do 21 de novembro de 2016 (DOG 1/12/2016 ). Non é preciso ter pasado as probas habituais de acceso á universidade. Pola contra, si é necesario estar en algunha das situacións que abaixo se indican. IMPORTANTE: ademais de cumprir os seguintes requisitos, en calquera destes casos haberá que superar a maiores unha proba específica de acceso.

  • Bacharelato

    Ter o título de bacharelato ou equivalente.

  • Técnica/o superior de FP

    Ter un título de técnica/o superior de Formación Profesional.

  • Ensinanzas Artísticas Superiores

    Ter un título de ensinanzas artísticas superiores ou equivalente.

  • Proba Acceso Universidade +25 anos

    Ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

  • Universidade

    Ter un título universitario ou equivalente.

Documentación necesaria

  • Solicitude de inscrición: con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible na sede dixital e empregando certificado dixital e/ou sistema de usuario e clave Chave 365.
  • Copia do DNI, NIE ou pasaporte.
  • Xustificante do aboamento dos prezos públicos (64 €). Con carácter xeral, pode realizarse o pago na seguinte ligazón.
  • Adxuntar documentación xustificativa do requisito de titulación entre os seguintes:
    • Título de bacharelato.
    • Título de ensinanzas artísticas superiores.
    • Título universitario.
    • Título de técnica/o superior de FP.
    • Título declarado equivalente ou homologado ós anteriores.
    • Certificación de ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
    • Certificación académica do bacharelato con indicación de materias pendentes, de ser o caso (as persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia do bacharelato farano constar na solicitude, que queda condicionada á súa superación).

Poderán acceder ós estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen realizar a proba específica os aspirantes que estean en posesión dun título de Técnica/o Superior de Artes Plásticas e Deseño. A documentación exixida é:

  • Solicitude debidamente cuberta (dispoñible aquí debaixo tamén na sede dixital e na secretaría da Escola)
  • Fotocopia do DNI
  • Certificación Académica
  • Fotocopia do título ou do xustificante de pago de taxas

(Os aspirantes que estean pendentes da avaliación do proxecto final para a obtención dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño, poderán igualmente formalizar a súa inscrición facéndoo constar na mesma)

A inscripción na proba de acceso pódese facer de xeito totalmente telemático a través do portal https://www.edu.xunta.gal/eas/. Para poder identificarse na sede dixital hai que darse de alta na Chave 365 ou ben contar cun certificado dixital. O pago das taxas pódese facer online. Os datos a consignar son os seguintes:

  • Consellería de Educación: 07
  • Delegación: 40 – Pontevedra
  • Servizo: 03 – Ensino medio
  • Taxa: 350900 – Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais
  • Obxecto: Preinscrición proba de acceso
  • Total a ingresar: 64 €

Existe tamén a posibilidade de xerar un impreso de autoliquidación e facer o ingreso directamente nunha entidade bancaria.

Ó rematar estes trámites será necesario o envío de toda a documentación requirida por correo electrónico (escola.conservación.galicia@edu.xunta.gal). Despois da imprescindible comunicación coa administración do centro, e tras comprobación de que todo está correcto, será tamén necesario enviar toda esta documentación por correo postal á escola.