Especialidades
As especialidades do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores
Accédese ás especialidades tras realizar os dous primeiros cursos comúns nos que se adquiren coñecementos xerais teórico-prácticos relacionados coa conservación e restauración.
-
Bens Arqueolóxicos
Nesta especialización abórdanse metodoloxías específicas para o estudo e tratamento de conservación e restauración de bens arqueolóxicos de moi diversa constitución: cerámica, vidro, materiais pétreos, metais e materiais orgánicos.
-
Bens escultóricos
Nesta especialización abórdanse metodoloxías específicas para o estudo e tratamento de conservación e restauración de obras escultóricas realizadas en diferentes materiais: madeira policromada, pedra e outros materiais orgánicos e inorgánicos
-
Bens pictóricos
Nesta especialización abórdanse metodoloxías específicas para o estudo e tratamento de conservación e restauración de obras pictóricas sobre diferentes soportes: tea, táboa, pintura mural e arte contemporánea.