Conferencias Xacobeo

Ciclo de conferencias: O camiño restaurado

En 2021 a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia cumpre 30 anos. Para celebralo, organiza un ciclo de conferencias que poderán seguirse en liña.

2021 é tamén ano Xacobeo. Con este ciclo de conferencias pretendemos dar a coñecer algunhas das extraordinarias intervencións realizadas ao longo do camiño francés, unha das variantes do camiño de Santiago máis coñecidas.

Dende Estella ata Santiago de Compostela, a través de seis conferencias, coñeceremos distintas intervencións realizadas por conservadores restauradores de patrimonio cultural que, co seu coñecemento e traballo, contribúen a conservar os bens que os peregrinos atopan no camiño.

As conferencias anunciaranse de forma individualizada con anterioridade para que as persoas interesadas poidan conectarse.

Se nalgún momento a situación sanitaria o permite, tratarán de organizarse tamén con carácter presencial.

PROGRAMA (gal)

PROGRAMA (esp)

INFORMACIÓN CONFERENCIAS E LIGAZÓN A VÍDEO:

1ª conferencia

2ª conferencia

3ª conferencia

4ª conferencia

5ª conferencia

6ª conferencia

Comentarios pechados