Estudos

Mobilidade de estudos para estudantes da ESCRBBCCG

A posibilidade dunha estancia en institucións de educación superior constitúe outra das facetas máis destacadas dentro do Programa Erasmus+.

Esta iniciativa ofrece aos nosos estudantes a posibilidade de completar a súa formación académica realizando unha estancia internacional de catro meses ou un curso completo en centros estranxeiros cos que exista un acordo de colaboración interinstitucional.

Terminado o período de mobilidade, a ESCRBBCCG outorgará pleno recoñecemento aos estudos realizados, de acordo ás equivalencias establecidas no convenio interinstitucional e en cada un dos acordos de estudos asinados ad hoc antes de cada mobilidade.

Documentación