Prácticas

Mobilidade de prácticas para estudantes da Escola de Conservación

As mobilidades internacionais de prácticas constitúen un dos principais obxectivos da Escola de Conservación desde a súa fundación. A nosa meta é que cada estudante de terceiro e cuarto ano participe polo menos unha vez nesta modalidade do Programa Erasmus+.

O reto principal, no marco da nosa estratexia de internacionalización, é axudar aos estudantes a adaptarse ás demandas do mercado laboral de toda a UE e países asociados, adquirir competencias específicas e mellorar a súa comprensión da contorna económica e social internacional, ao mesmo tempo que adquiren experiencia laboral.

As prácticas Erasmus+ teñen unha duración mínima de dous meses. Os estudantes poderán realizar as súas estancias en calquera organización pública ou privada no ámbito da conservación e a restauración de bens culturais,  tendo en conta que a ESCRBCG únicamente promoverá a colaboración con aqueles centros que acrediten levar a cabo boas prácticas de acordo a criterios científicos e principios ético-profesionais, como os sinalados nas directrices de ECCO, tan importantes para as intervencións de conservación e restauración do patrimonio cultural.

Cada mobilidade estará precedida pola sinatura dun acordo de formación que reflicta o programa de prácticas a realizar, e que deberá ser aprobado tanto pola organización de envío como pola organización de acollida. Ao final deste período, a ESCRBCG dará o seu pleno recoñecemento ao período de prácticas no estranxeiro

Documentación