Encontros
Encontros de conservación e restauración
Os Encontros de Conservación e Restauración teñen a súa orixe na sinatura, en abril de 2011, dun convenio de colaboración entre o Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Sempre dende o rigor da profesión, a vontade destes encontros é a de achegar os problemas que comportan a restauración e conservación do patrimonio cultural tanto a profesionais do sector, estudantes e ao público en xeral.