Xeografías lectoras. Triacastela

Xeografías lectoras. Triacastela

A conferencia do Ciclo ‘O camiño restaurado’ correspondente ó mes de maio lévanos a Triacastela. Dolores Lago compartirá o traballo realizado na pintura mural da capela de San Cristovo de Cancelo, desta localidade.

A coordinación da biblioteca propón para esta charla unhas Xeogrfías lectoras que permiten, a través dos fondos da biblioteca, ampliar o coñecemento dos diversos aspectos que se tratarán.

Un dos libros de interese pode ser La arquitectura romanica en lugo, pois San Cristovo de Cancelo pertence a este estilo.

No respecto á conservación de pintura mural, é imprescindible citar unha referencia clásica neste campo: La Conservación de Las Pinturas Murales, de Laura Mora, Paolo Mora e Paul Philippot. No campo da conservación restauración atopamos outros manuais interesantes coma Conservation of mural paintings, Materiali e strutture : problemi dei conservazione. Sul restauro delle pitture murali, All manner of murals o Tratamiento y metodología de conservación de pinturas murales.

En Técnicas de consolidación en pintura mural atoparemos as Actas do Seminario Internacional sobre consolidación de pinturas murais celebrado en Aguilar de Campoo (Palencia) en 1998.

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado