Vota “A nosa palabra do ano”
Axúdanos a escoller “A nosa palabra do ano“.
O pasado mes de decembro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola lanzou a iniciativa “A nosa palabra do ano”.
Despois da fase previa de propostas, o equipo realizou unha selección de tres palabras finalistas de entre todas as propostas recibidas. Para a selección tívose en conta a orixinalidade e que as palabras sexan propias do galego e non existan en castelán (ou teñan un uso ou significado claramente diferenciado). Colabora co teu voto na escolla final de “A nosa palabra do ano” a través desta enquisa.
Prazo aberto ata o 23 de xaneiro.


Deixa un comentario