A nosa palabra do ano

A nosa palabra do ano

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega

poñemos en marcha esta campaña co obxectivo de pór en valor a nosa lingua no ámbito da conservación-restauración do patrimonio cultural.

Bases para a elección da palabra do ano

    1. Obxecto da campaña
      Promover o emprego e visibilidade de termos galegos vinculados á conservación-restauración e ó patrimonio material e inmaterial.
    2. Participación
      Pode participar calquera persoa interesada en difundir e fortalecer o vocabulario galego propio do sector. Esta participación pode ser directamente na escola ou ben a través das súas redes sociais.
    3. Procedemento de participación
      As persoas participantes a través das redes sociais deberán deixar a súa palabra nos comentarios desta campaña e dende a Escola encargarémonos de colgala na árbore das palabras. As persoas participantes da escola deberán colgar na “árbore das palabras” unha folla na que escribirán a palabra proposta. Debe ser unha palabra do ámbito da conservación-restauración ou relacionada co patrimonio cultural.
    4. Prazo de presentación de propostas
      O prazo para achegar as vosas propostas permanecerá aberto ata o 19 de decembro.
    5. Selección final
      Unha vez rematado o prazo, o equipo de dinamización da lingua galega realizará unha selección de tres palabras finalistas entre todas as propostas recibidas. Para a dita selección terase en conta a orixinalidade e que as palabras sexan propias do galego e non existan en castelán (ou teñan un uso ou significado claramente diferenciado). Estas tres palabras serán sometidas a unha votación pública durante o mes de xaneiro, da que sairá “A nosa palabra do ano”.
    6. Resultados
      A palabra gañadora anunciarase unha vez rematada a votación e difundirase a través das redes sociais e con carteis na escola.