Herdanza, palabra gañadora de A nosa palabra do ano

Herdanza, palabra gañadora de A nosa palabra do ano

A iniciativa A nosa palabra do ano, impulsado Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xa ten termo gañador: Herdanza.

Tras un proceso participativo aberto á comunidade educativa, no que se recolleron propostas de palabras vinculadas ao ámbito da conservación, da restauración e do patrimonio cultural, Herdanza resultou a máis votada na fase final. A escolla desta palabra pon de relevo unha idea central no noso labor profesional: o patrimonio como legado recibido do pasado, pero tamén como responsabilidade compartida no presente e compromiso co futuro.

O termo herdanza reflicte non só o valor material e simbólico dos bens culturais, senón tamén o coñecemento, as prácticas profesionais e os valores que se transmiten xeración tras xeración. Neste sentido, conecta directamente coa misión da Escola: formar profesionais cunha base sólida en rigor científico, ética e respecto polo patrimonio cultural.

Desde a Escola queremos agradecer a todas as persoas que participaron nesta iniciativa, tanto na proposta de termos como na votación final, contribuíndo a enriquecer o debate arredor da lingua galega e a súa presenza no ámbito da conservación e restauración.

A nosa palabra do ano naceu co obxectivo de fomentar o uso e a reflexión sobre o galego como lingua de coñecemento especializado, reforzando a súa visibilidade e valor no contexto académico e profesional. A participación rexistrada nesta edición confirma o interese e a implicación da comunidade neste propósito compartido.

Con Herdanza como palabra representativa deste ano, reafirmamos o noso compromiso coa defensa do patrimonio cultural e coa lingua galega como ferramenta esencial para pensalo, estudalo e conservalo.

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado