Visita da RSEAPS

Visita da RSEAPS

Hoxe recibimos na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

a Francisco Loimil Garrido e a Luis García Varela, en representación da Xunta Directiva da Real Sociedade Económica de Amigos do País da cidade de Santiago. Durante a visita, representantes de ambas institucións estudaron posibles vías de colaboración centradas na conservación do valioso patrimonio da Real Sociedade Económica. Ademais, tiveron ocasión de coñecer as nosas instalacións, visitar os talleres nos que se forma o alumnado, achegarse aos proxectos nos que xa colabora a Escola e realizar unha doazón de publicacións da RSEAPS, que incorporamos xa ó catálogo da nosa biblioteca.

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado