Conferencia. O Camiño Restaurado. Santiago de Compostela

Conferencia. O Camiño Restaurado. Santiago de Compostela

O Ciclo de Conferencias organizado para celebrar o 30 Aniversario da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia chega ó seu fin.

E, remata da única forma posible: despois de percorrer un camiño comezado en Estella e que pasou por Burgos, León, Triacastela e Lugo, chega finalmente ó seu destino: Santiago de Compostela. Aquí, da man de Ana Laborde, coñeceremos a intervención de restauración-conservación realizada para recuperar o Pórtico da Gloria.

A asistencia é libre e poderá seguirse en liña.

Día: 9 de xullo

Hora: 12:00

Máis información sobre esta conferencia AQUÍ.

Podes ver esta conferencia AQUÍ.

PROGRAMA COMPLETO