Manuel Carballal Lugrís

A doazón da biblioteca de Manuel Carballal Lugris, no nº 81 de EDUGA

A Revista EDUGA publica no nº81, correspondente a xaneiro-xuño de 2021, un artigo enviado dende a Coordinación desta biblioteca.

Neste artigo, titulado ‘Doazón da biblioteca de Manuel Carballal Lugris. Menciña para o patrimonio’ infórmase da doazón da colección de libros realizada polos herdeiros de Manuel Carballal Lugrís á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Trátase dun importantísimo conxunto de libros de gran calidade que completan a biblioteca da Escola ata dotala dun alto nivel. O artigo da conta da importancia desta doazón no marco dos obxectivos de formación e investigación do centro.

Podes atopar o artigo AQUÍ.