Convenio co Concello de Rianxo

Convenio co Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia asinan un convenio que ten como fin a cooperación para a conservación do patrimonio cultural de Rianxo.

A sinatura tivo lugar hoxe en dependencias do Concello nunha reunión á que asistiron D. Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, e D. Álvaro Arizaga, xefe de estudos do centro.

Este acordo pretende dar cobertura a unha primeira colaboración destinada á intervención do cruceiro de San Xoán da Ermida, no lugar de Buhía, parroquia da Araño.

Previa autorización da DXPC, os fragmentos serán estudados e tratados nos laboratorios da Escola, por estudantes de conservación e restauración da especialidade de bens escultóricos.

Comentarios pechados