PRESENTACIÓN DO FONDO HISTÓRICO
Conscientes da importancia do patrimonio bibliográfico
e de que nos nosos fondos contamos con exemplares dignos de un maior coidado á hora da súa preservación, comezamos a catalogación do “fondo histórico”. Este novo apartado de fondos inclúe libros e material de especial relevancia e/ou valor (pola súa antigüidade, pola súa orixe, polos seus valores científicos/técnicos/documentais, polo importante que resulta para a nosa biblioteca dada a súa singularidade etc.).
Por suposto, estes fondos estarán dispoñibles para a súa consulta na biblioteca, pero esta realizarase baixo petición á coordinadora da biblioteca ou ó profesorado do equipo da biblioteca, quen proporcionará o exemplar solicitado.
Esta semana podedes coñecer algúns dos exemplares do fondo histórico na mesa de novidades, na planta baixa.
Dende o catálogo da biblioteca podedes atopar os exemplares do fondo histórico facendo “buscas avanzadas”, buscando por “préstamo especial”.