Proxectos Erasmus +
Veñen de ser publicadas as Resolucións cos proxectos Erasmus + aprobados polo SEPIE.
O equipo de Coordinación Erasmus da Escola conseguiu a aceptación de varios dos proxectos deseñados dende o centro.
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia recibe de novo a aceptación para o proxecto da Unión Europea e posibilítase a continuidade do proxecto de Albania.
Como novidade, estreamos un novo proxecto en Cambodia, que sen dúbida será de gran interese.
Para acceder á resolución oficial do SEPIE , preme AQUÍ.
Para obter máis información do proxecto desenvolto en Albania ata o de agora a través de Erasmus +, preme AQUÍ.
