A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia abre as convocatorias de mobilidade Erasmus+ correspondentes ao curso académico 2026/2027, dirixidas tanto ao alumnado como ao persoal docente e non docente do centro.
Mobilidades para estudantes
Convócanse 7 prazas de mobilidade Erasmus+, distribuídas nas seguintes modalidades:
- 1 praza de estudos (SMS): para cursar parte dos estudos nunha institución de educación superior estranxeira.
- 6 prazas de prácticas (SMP): destinadas á realización de prácticas curriculares de cuarto curso ou prácticas para persoas recentemente tituladas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16 de decembro de 2026, inclusive.
As solicitudes deberán presentarse na Secretaría da Escola, acompañadas da documentación establecida na convocatoria.
Descargar convocatoria para estudantes (PDF)
Mobilidades para persoal
A convocatoria contempla mobilidades internacionais para docencia (STA) e formación (STT), no marco dos proxectos propios Erasmus+ KA131 e dos consorcios CARTES e HERDADE.
As oportunidades de mobilidade comunicaranse ao longo do curso académico, en función dos destinos dispoñibles, das propostas presentadas e do financiamento existente.
As persoas interesadas deberán consultar a convocatoria para coñecer os requisitos, criterios de selección e procedementos de solicitude.

Deixa un comentario