Novembro, mes da ciencia en galego

Novembro, mes da ciencia en galego

Con ocasión da celebración de «Novembro, mes da ciencia en galego»

o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a coordinación da biblioteca organizan unha charla moi especial: a presentación do libro Deslocando a arquitectura tradicional, de Xosé Lomba, titulado da nosa Escola.

Esta publicación dá continuidade a un camiño de investigación iniciado co seu Traballo de Fin de Estudos e ofrece a oportunidade de coñecer de primeira man o proceso que levou aquel traballo académico a converterse nun libro.

  • 30 de novembro
  • 10:30 h
  • Aula Magna*

E, para rematar a xornada, o alumnado de 4º ofrecerá uns petiscos para compartir un momento de encontro, conversa e convivencia.

Unha oportunidade para achegarnos á arquitectura, á investigación e á divulgación científica en galego, poñendo en valor o coñecemento e a ciencia na nosa lingua.

*Entrada libre ata completar o aforo.

 

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado