Premios extraordinarios fin de estudos

Premios extraordinarios fin de estudos

Por vez primeira convócanse premios extraordinarios para estudantes que teñan rematada a formación en conservación restauración de bens culturais en Galicia.

No DOG do venres 7 de febreiro de 2020 sae publicada a ORDE do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no ano 2019 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).

A Orde establece un premio nas ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Poderán presentarse estudantes que teñan finalizado os ses estudos no curso 2018-19 cunha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos.

O prazo de presentación das solicitudes é dun mes dende o día seguinte ao da publicación no DOG.

Para acceder á convocatoria preme AQUÍ.