Convenio co CENIEH

Convenio co CENIEH

Dentro do plan de estudos da Escola Superior de Conservación e Resturación de Bens Culturais de Galicia existe a obligatoriedade de realizar e superar unhas prácticas formativas de 6 ECTS nun centro vinculado á conservación e restauración do patrimonio.

A Escola leva dende a súa creación ampliando a oferta de destinos para o alumnado, de xeito que teñen un amplo abano de centros nos que realizar as prácticas. Mesmo a través do programa Erasmus é posible realizalas no extranxeiro.

Con data 20 de Xaneiro de 2020, o CENIEH e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, subscriben un Convenio para a realización de prácticas externas, sumándose á oferta de destinos.

O noso agradecemento a todo o persoal do CENIEH que fai posible esta colaboración.