IX Encontro de Conservación e Restauración
Os días 13, 14 e 15 de novembro de 2019 terá lugar no Sexto Edificio a novena edición do Encontro de Conservación e Restauración, organizada polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Estará dedicada á pintura mural, conservación e restauración.
A inscrición pode facerse ata o día 8 de novembro premendo na ligazón seguinte:
Aforo máximo: 240 prazas
O público asistente recibirá un diploma acreditativo.