6000 libros

6000 libros

A biblioteca está a celebrar que superamos os 6000 exemplares catalogados! Ademais das compras de libros propostas por alumnado e profesorado, os nosos fondos estanse vendo moi ampliados grazas a doazóns recibidas, como a de D. Manuel Carballal Lugrís en 2020 ou o depósito (permanente) recibido do Museo das Mariñas- Arquivo e Biblioteca Municipal de Betanzos, e que foi cedido á súa vez por D. José María García Otero, da súa biblioteca particular, en 2022. Tamén recibimos doazóns por parte de particulares (profesorado e alumnado, sobre todo), entre as que salientamos as últimas, moi valoradas por nós por viren de compañeiros/as e por seren abondosas e moi específicas no ámbito da conservación-restauración: Rosa Fernández Caamaño; Fernando Carrera Ramírez; Ana Villarquide Jevanois e Cristina Montojo Santos.

O ritmo de catalogación tivo que verse reducido polas limitacións de espazo e estantes na biblioteca, pero avanzamos!

A biblioteca constitúe un piar fundamental na vida da Escola, polo que nos comprace poder ir poñendo a disposición da comunidade educativa os fondos dos que dispoñemos, novidades que, lembramos, poden consultarse en liña.