Devolución de pezas restauradas ó Museo de Pontevedra

Devolución de pezas restauradas ó Museo de Pontevedra

Os alumnos de restauración e conservación de bens escultóricos remataron os traballos sobre varias pezas que foron devoltas recentemente ó Museo de Pontevedra para que a sociedade, presente e futura, poida desfrutar novamente delas.

Nesta ocasión trátase de dúas réplicas de petrógiflos realizados e estudados por Ramón Sobrino Bruhigas e albergados no Museo de Pontevedra. Algunhas destas pezas son de extraordinario valor posto que desgraciadamente o petróglifo orixinal non se conserva.

Baixo a dirección de Cristina Montojo, profesora da especialidade, os alumnos de varias promocións colaboraron na solución os moitos problemas que presentaban estas pezas.

Coa colaboración de Jose Antonio Quinteiro, profesor que imparte a materia de moldes e réplicas, realizouse ademáis un soporte adaptado á morfoloxía das pezas co fin de facilitar a súa conservación no futuro.

Medios como o Faro de Vigo ou a Voz de Galicia fixéronse eco da nova.