Concurso Día do Patrimonio
Co fin de celebrar o Día do patrimonio (16 de novembro) e fomentar o coñecemento e difusión do patrimonio cultural, a Escola promove un concurso entre o alumnado de secundaria e bacharelato de centros de ensinanza de Galicia.
Durante o prazo establecido, e dende unha ou varias das materias impartidas no currículo, as clases de alumnos de secundaria ou bacharelato de centros de ensino de Galicia que desexen participar deberán elaborar de forma colaborativa unha única ficha sobre un elemento do patrimonio cultural próximo ó seu centro de ensino que consideren que mereza unha especial atención por parte da sociedade, sexa pola súa importancia, porque pase desapercibido, porque requira urxentes actuacións de conservación e restauración ou por outros motivos xustificados.
Consulta AQUÍ as bases do concurso.