Xeografías lectoras. León

Xeografías lectoras. León

Unha nova conferencia do Ciclo ‘O camiño restaurado’ é acompañada por unha nova colaboración dende a Coordinación da Biblioteca.

Con estas Xeografías lectoras queremos achegar os fondos da biblioteca relacionados co título da terceira charla: A conservación e restauración das vidrieiras da Catedral de León.

Na biblioteca poden atoparse volumes adicados a esta tipoloxía de bens, coma Vidrieras, outros centrados na producción española, coma La vidriera española e incluso un fermoso libro centrado exclusivamente nas vidrieiras deste templo. Las vidrieras de la Catedral de León é un libro de gran formato onde poden estudarse estas pezas grazas a imaxes dunha gran calidade e tamaño.

As persoas interesadas tamén poderán solicitar libros adicados á conservación desta área temática con El plan de las catedrales na área da conservación preventiva ou Conservación de vidrieras históricas, xa máis centrados no tema que interesa nesta conferencia.