Resultados provisionais das probas de acceso ao curso 2023-24
Trala realización das probas específicas de acceso aos estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais o pasado martes, 4 de xullo, publícanse os resultados provisionais das ditas probas.
Os/as aspirantes poderán reclamar contra a cualificación obtida, segundo o establecido na resolución publicada no DOG, durante os días 10 e 12 de xullo e as cualificacións definitivas publicaranse o 13 de xullo.
A listaxe definitiva de persoas admitidas publicarase o 17 de xullo e abrirase o periodo de matrícula entre o 18 e o 21 de xullo.