O mércores, 15 de setembro empeza o curso 2021/22 coa presentación do alumnado do seguinte xeito:
Author: Pantocrátor (Pantocrátor )
Listaxe de persoas admitidas no curso 2021/22
Ven de ser publicada a relación de admitidos a cursar ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais no curso 2021/22.
Consulta o documento en formato PDF
Prazo de matrícula para aspirantes con praza: do 19 ao 22 de xullo.
Resultado das probas de acceso ao curso 2021-22
Trala realización das probas específicas de acceso aos estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais o pasado martes, 6 de xullo, publícanse os resultados provisionais das ditas probas.
Cerámicas e vidros do Depósito Municipal Arqueolóxico de Lugo
Ao longo de varios cursos foron tratadas diversas pezas de cerámica e vidro do Depósito Municipal Arqueolóxico de Lugo, moitas delas de orixe romana.
Ademais de realizar os estudos previos e aplicar as técnicas de documentación necesaria, os estudantes realizaron gran número de tratamentos: limpeza, adhesión, consolidación, reintegración e, nalgún caso, deseño de soporte de exhibición.
Boletín novembro-decembro
Publicamos o Boletín Informativo nº4 da Escola, que recolle parte das actividades desenvolvidas durante os dous últimos meses.
Podes lelo nesta ligazón.
Non esquezas que podes suscribirte ao boletín para recibir as novas da Escola no teu correo electrónico. Tan só tes que encher o formulario que está na parte baixa da web da Escola
Cualificacións da proba de acceso, curso 2019/20
Xa están publicadas as cualificacións definitivas da proba de acceso ás Ensinanzas Superiores de Conservación e Restauración de BBCC (quenda de xullo) para o curso 2019/20.