Laxes de Teigube

Laxes de Teigube

Campaña de traballo para a Valoración patrimonial do xacemento rupestre de “As Laxes de Teigube”, en Meirol, Mondariz, Pontevedra, realizada en xuño de 2022.

Foi unha actuación promovida e financiada polo Concello de Mondariz e a Comunidade de Montes de Meirol, coa colaboración e dirección técnica da Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia.
Obxectivos da actuación
Foi intervención para definir a relevancia patrimonial dun xacemento rupestre ata o momento descoñecido.
Obxectivos específicos:
Con esta campaña acadáronse os seguintes obxectivos específicos:

Limpeza xeral do afloramento (vexetación, musgos, depósitos de terra, etc.)
Documentación básica do sitio
Diagnose inicial
Catalogación, protección xurídica
Esbozo dun plan de conservación e xestión
Metodoloxías
A actuación esencial consistiu na roza e retirada da vexetación que cobre o xacemento:
esencialmente musgo nas áreas rochosas, e vexetación superior (breixo e outros) nos espazos de maior desenvolvemento edáfico. Así mesmo retirouse madeira, restos de tala e algunha árbore aínda persistente. En espazos con maior potencialidade rupestre, retiráronse restos de terra superficiais, e entre diaclasas.
Documentouse fotográficamente toda a intervención, e particularmente os elementos rupestres.
En paralelo ao anterior, realizouse unha reportaxe fotográfica con luz rasante (nocturna). Ademais da documentación planimétrica e fotográfica, realizouse un informe de diagnóstico inicial.
No documento final da intervención, ademais de toda a documentación fotográfica xerada, esbozáronse algunhas ideas para a redacción dun plan de protección e conservación do sitio.
Como parte do anterior, xerouse unha ficha de catalogación que se remitiu ás autoridades.

  • Meirol

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado