A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia iniciou en xuño de 2023 unha colaboración co Concello de Vigo para a restauración dunha sinatura nesta cidade de Juan Carlos Argüello, coñecido como Muelle.
Juan Carlos Argüello foi un dos pioneiros do grafiti en España. En 2022 apareceou en Vigo unha firma de gran tamaño coas súas características habituais, coma o R pechado nun círculo ou o tirabuzón rematado nunha frecha baixo o alcume.
O proxecto consitiu no estudo pormenorizado do estado de conservación da peza e a realización dunha intervención axustada ás características da obra. Realizouse tamén o deseño de medidas de conservación preventiva para propiciar unha mellor conservación a medio e longo prazo.