En colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e baixo a dirección de Fernando Carrera, profesor da ESCRBBCCG, un equipo técnico conformado por persoal da UVigo, da USC, da UPM, da UGR e 5 estudantes da Escola, realizaron traballo de campo durante 10 xornadas na Cova dos Mouros, Baleira.
Os obxectivos pretendidos foron:
• Cuantificar con precisión a totalidade da pintura prehistórica existente no abrigo de “Cova dos Mouros”.• Documentar exhaustivamente dita pintura, e o soporte rochoso.• Para o logro do anterior, resulta imprescindible a realización dunha acción previa de limpezaque respecte a entidade actual da pintura prehistórica.• Caracterizar a composición e estabilidade da pintura, do soporte rochoso e do abrigo mesmo.• Caracterizar estilística y cronoloxicamente as pinturas, para cooperar á valoración patrimonialdefinitiva.• Estimar as posibilidades de deterioro, cuantificando sumariamente os axentes, e comoconsecuencia propor accións de protección e conservación axeitadas.• Converter todas esas actuacións nunha actividade práctica de docencia-aprendizaxe, mediante a participación activa de profesorado e alumnado da ESCRBCG.
A campaña tivo lugar entre os días 18 e 30 de xullo de 2022.
Ficha técnica do proxecto:
TÍTULO DO PROXECTOLimpeza, documentación e diagnóstico da Cova dos Mouros, Baleira (Lugo)XACEMENTOCova dos Mouros, Baleira, Lugo (sen catalogar)LOCALIZACIÓNA Fontaneira, Baleira, LugoPROMOTORConsellería de Educación e CulturaTITULARIDADE DOS TERREOSComunidade de Montes de A FontaneiraEXECUCIÓNXullo 2022DIRECCIÓN DA ACTUACIÓNFernando Carrera Ramírez (ESCRBCG)EQUIPO TÉCNICORamón Fábregas Valcarce (USC), Carlos R. Rellán (UGR), Teresa Rivas Brea, Julia Armesto, MªEugenia López de Silanes, Pío González (UVigo), Luis Jordá Bordehore (UPM).