Retablo da Magdalena do Museo Catedralicio e Diocesano de Mondoñedo
O retablo data, segundo fontes próximas á obra, do século XVII; a talla da Magdalena que alberga é anterior, do século XII, segundo as mesmas fontes. De modo global, podemos afirmar que 0 estado de conservación de todos os elementos da obra era bastante precario. A peza chegou á Escola desmontada.
Tratamentos realizados: Desinsectación; consolidación; sentado de cor; eliminación de cravos; limpeza; reintegración formal; ensamblaxes; estucado; reintegración cromática.