Presentación do proxecto SIG Blanco
O vindeiro 20 de novembro ACRE. Asociación Profesional de Conservadores Restauradores de España compartirá unha charla-taller para dar a coñecer o proxecto SIG Blanco.
SIG Blanco é un proxecto de xeolocalización de intervencións públicas en patrimonio cultural. É por tanto unha ferramenta para profesionais Conservadores-Restauradores, estudantes en CR e investigadores.
Para máis información sobre o proxecto, preme aquí.
O evento terá lugar na aula 3.13 o vindeiro 20 de novembro, de 17 a 18.30h.
A asistencia é libre ata completar o aforo.