PLAMBE 2025-26
Esta semana publicouse a resolución da convocatoria PLAMBE
(Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) para o curso 25-26 e seguimos estando no programa unha edición máis, con unha asignación económica para fondos.
O mantemento da biblioteca da Escola neste Plan é un dos obxectivos da coordinación de Biblioteca para este curso, dentro dun traballo de renovación profunda no que se ven traballando dende hai varios cursos para proveito de toda a comunidade educativa máis tamén para os profesionais da conservación restauración para os que poida ser de utilidade. Nesta ligazón podes ver un resumo do traballo do pasado curso e nesta outra accedes ó Regulamento de uso da biblioteca do centro.
