Premio fin de carreira- Listaxe admitidos e excluídos
Achegamos a publicación de listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas nos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2025/26 en centros públicos de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/51057
As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días, de acordo co establecido no artigo 10.3 da Orde do 15 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2025/26 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G) (DOG núm. 165, do 1 de setembro).

Deixa un comentario