Día Europeo da Conservación Restauración

Día Europeo da Conservación Restauración

O vindeiro 13 de outubro celébrase o Día Europeo da Conservación Restauración. Con ese motivo, ACRE Asociación de Conservadores Restauradores de España promove a realización de diversas actividades para dar a coñecer esta profesión na semana do 7 ó 13 de outubro.

Novamente, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia súmase a esta celebración.

Neste contexto realizarase unha xornada de portas abertas o 9 de outubro ás 12h na que os visitantes poderán ver como se forman os profesionais da conservación restauración, así coma as pezas sobre as que se traballe neses momentos nos distintos laboratorios. Ditas pezas pertencen, na súa meirande parte, ó patrimonio cultural público da nosa Comunidade.

Para asistir compre reservar praza no teléfono 886159735.

Máis información sobre o Día Europeo da Conservación Restauración.