Conferencia: A nosa arte
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia acollerá o 9 de marzo a conferencia de Xosé Carlos Valle Pérez
no marco do programa A Nosa Arte, unha iniciativa promovida polo Parlamento de Galicia en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes.
O programa Charlas-coloquio A Nosa Arte nace co obxectivo de difundir e poñer en valor o fondo artístico da Cámara galega, unha colección que reúne máis de 350 obras de máis de 120 artistas fundamentais na historia da arte de Galicia. Esta iniciativa reforza o compromiso institucional coa promoción, conservación e estudo do patrimonio artístico galego, achegándoo á comunidade educativa e cultural.
Xosé Carlos Valle Pérez, doutor en Historia da Arte, é unha das figuras máis destacadas no ámbito da investigación e xestión do patrimonio artístico en Galicia. Membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e autor de máis de 250 publicacións científicas, desenvolveu unha intensa traxectoria como comisario de exposicións, investigador e divulgador, tanto en España como no ámbito internacional.
A súa intervención ofrecerá unha oportunidade única para afondar no coñecemento da arte galega e no valor do patrimonio como elemento esencial da nosa identidade cultural.
Data: 9 de marzo de 2026
Hora: 10:30
Lugar: Aula Magna
Imaxe: Xosé Carlos Valle Pérez na presentación do volume ‘Cartolatría. Epistolario Sánchez Cantón-Filgueira Valverde’. Autor: Estevoaei

Deixa un comentario