XV Encontro de Conservación e Restauración: O Dourado no Patrimonio Cultural

XV Encontro de Conservación e Restauración: O Dourado no Patrimonio Cultural

Os días 19 e 20 de novembro de 2026 terá lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a décimo quinta edición dos Encontros de Conservación e Restauración, organizados polo Museo de Pontevedra coa colaboración da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Nesta edición, baixo o título «O Dourado no Patrimonio Cultural», o encontro achegarase á historia, materiais e procedementos empregados nas técnicas de dourado, así como aos avances máis recentes no seu estudo, conservación e restauración.

Ao longo de dúas xornadas, profesionais e especialistas de referencia abordarán os retos que presenta a conservación do dourado en retablos, esculturas, pinturas, obxectos arqueolóxicos e elementos arquitectónicos.

O encontro está dirixido a profesionais da conservación-restauración e da museoloxía, así como a estudantes e persoas interesadas no patrimonio cultural.

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado