Xornada de Portas Abertas
O próximo 1 de abril celebrarase o Día das Artes Galegas, dedicado este ano ao multidisciplinar artista Luís Seoane.
Para celebralo, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia realizará unha Xornada de Portas Abertas. Será o 1 de abril con dúas convocatorias, unha ás 12 h e outra ás 17 h.
Aquelas persoas que estean interesadas deberán poñerse en contacto co centro para realizar reserva de praza, indicando a hora de preferencia e número de asistentes.
Indicado para todas as idades.
Máis información e reserva en:
Teléfono: 886 15 97 35 Correo electrónico: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.es