Ó longo de varios cursos foron tratadas diversas pezas de metal do Depósito Municipal Arqueolóxico de Lugo, moitas delas de orixe romana.
Nas imaxes podemos ver:
- Colgante de arnés de bronce (parte colgante), estes estaban formados por dúas pezas unidas a modo de bisagra por un vástago.
- Lámina fina de bronce deformada, fragmento con perforacións nun lateral feitas por cravos de sección cuadrangular.
- Lámina fina de bronce con reborde.
- Fragmento de moeda de vélaro, moi fina. no reverso pódese observar parte dun escudo e castelo.
- Chave romana
- Fíbula romana
- Anel romano
Ademáis de realizar os estudos previos e aplicar as técnicas de documentación necesaria, os estudantes realizaron gran número de tratamentos: limpeza, adhesión, consolidación, reintegración e, nalgún caso, deseño de soporte de exhibición.
Deixa un comentario