MuseumWeek 2020

MuseumWeek 2020

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia súmase unha edición máis á celebración da Museum Week.

Esta iniciativa nacida en 2014 abarca máis de 60000 participantes en máis de 100 países. Convidan a institucións culturais de todo o mundo a compartir cultura e arte a través das redes sociais. Dende a Escola participaremos amosando o papel dos conservadores restauradores de bens culturais para que o patrimonio cultural poida ser compartido e gozado sen risco para os bens.

Animamos a profesionais e estudantes a que participen dende os seus perfís. Poderedes seguir as publicacións da Escola nas seguintes redes:

Facebook

Twitter

Instagram

Linkedin

Este ano os hashtags están fortemente marcados pola crise sanitaria que estamos a vivir, e son os seguintes:

#heroesMW

#CultureInQuarantineMW

#togetherMW

#MuseumMomentsMW

#climateMW

#technologyMW

#dreamsMW

Para máis información sobre a MuseumWeek, preme aquí.

Comentarios pechados