Prazos de matrícula do curso 2025-26

Prazos de matrícula do curso 2025-26

INFORMACIÓN SOBRE PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O PRÓXIMO CURSO

  • Para o alumnado que continúa estudos e que aprobou tódalas materias en convocatoria ordinaria, pode matricularse dende xa, en calquera momento, sendo a data límite o 30 de xullo.
  • Para o alumnado que continúa estudos e que ten que ir á convocatoria extraordinaria, o prazo de matrícula vai dende o 7 de xullo ata o 30 de xullo.
  • Para o alumnado de novo acceso que realice a proba de acceso (ou por acceso directo) e lle sexa adxudicada unha praza, a matrícula será os días 9, 10 e 11 de xullo.
  • Para o alumnado de novo acceso que acceda a través dun traslado de expediente doutra escola de conservación-restauración ou o alumnado interesado en facer o curso de adaptación a grao, poderán facelo dende xa, en calquera momento, sendo a data límite o 30 de xullo.