Erasmus Days

Erasmus Days

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia participa no evento Erasmus Days, tres días de celebración do Erasmus Plus en Europa.

Compartiranse as seguintes conferencias:

15 de outubro.

Conferencia con asistencia permitida a alumnos de 2º curso e para aqueles que teñan concedidas mobilidades.

  • 12h. O proxecto Erasmus+ da ESCRBCG para o curso 2020-21, por Antón Pereira Abonjo, coordinador Erasmus Plus.
  • 12.30h Principais convenios e proxectos Erasmus+ da ESCRBCG. Antecedentes. Por Álvaro Arizaga Castro, Xefe de estudos.

16 de outubro.

Conferencia con asistencia permitida a alumnos de especialidade de pintura e arqueoloxía

  • 12h. Un proxecto de CR de arte rupestre albanés: Lepenicë. Por Fernando Carrera Ramírez, Xefe do Dpto. de Conservación e Restauración de Bens Arqueolóxicos.

As conferencias serán gravadas e emitidas a través da canle de Youtube da Escola.

Tamén poden seguirse en directo a través da seguinte ligazón de WEBEX .

O proxecto Erasmus Plus da Escola é financiado co apoio da Comisión Europea. Esta publicación (comunicación) é responsabilidade exclusiva do seu autor. A Comisión non é responsable do uso que poida facerse da información aquí difundida.